PLAN DE MOBILIDADE URBANA SOSTIBLE CONCELLO DE REDONDELA
O Plan de mobilidade urbano sostible, PMUS, é un conxunto de actuacións que teñen como obxectivo a implantación de formas de desprazamento máis sostibles (andar, bicicleta e transporte público) dentro dunha poboación, é dicir, de modos de transporte que fagan compatibles o crecemento económico, a cohesión social e a defensa do medio natural, garantindo, deste xeito, unha mellor calidade de vida para a cidadanía.
O PMUS asegura un equilibrio entre as necesidades de mobilidade e accesibilidade, ao tempo que favorece a protección do medio, a cohesión social e o desenvolvemento económico (principios da mobilidade sostible).
O PMUS proporciónalle á cidadanía alternativas ao vehículo privado que sexan cada vez máis sostibles, eficaces e cómodas, ao mesmo tempo que conciencia da necesidade do uso máis eficiente do vehículo privado.
Redondela atópase na área metropolitana de Vigo, un factor esencial a ter en conta en canto á mobilidade da poboación local, por iso, o PMUS de Redondela identifica actuacións posibles no ámbito municipal, mais tamén fomenta a creación de foros de comunicación entre as entidades e as administracións supramunicipais necesarias para fomentar a mobilidade sustentable de cara á área metropolitana de Vigo
Documentos
Mapas
MAPA 1.1 DISTRIBUCIÓN POBOACIÓN
MAPA 1.2 ZONAS RESIDENCIAIS PROXECTADAS
MAPA 1.3 SOLO INDUSTRIAL E SERVIZOS
MAPA 1.4 DEMANDA longo percorrido
MAPA 1.5 DEMANDA medio percorrido
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies